Entradas 14-15

 
 Excursión de fin de curso

Que bo final para rematar este curso, moi interesante a explicación do guía que tivemos no Facho e vaia vistas desde alí arriba,comemos,xogamos...e unha novidade nas excursións:masaxes.
A profe dixo que iamos facer para o próximo curso algunhas sesións de masaxes porque quedou moi relaxada,bueno hai que dar e recibir.

Ata setembro amigos,vémonos en 4ºAe 4º B
 seguiremos sendo Os Pegasos.
Se che gusta o noso blog,síguenos,estaremos encantados.
Boas vacacións








Despedida cunha bailarina

E así, con Ainoa inspirada no lago dos cisnes, damos por finalizado  O día dos contadores de historias.Ah! e por suposto rematamos con animais que foron o" number one" neste curso.










 Coidado que ven o lobo!

Non vos preocupedes que é Kevin e non da medo.Unha vez mais seguimos aprendendo sobre os animais e os lobos son moi coñecidos polos nenos porque saen en moitos contos: Carapuchiña Vermella, Os tres porquiños...




Laila e Fátima

Canto aprendimos sobre Marrocos: vestimenta tradicional, a relixión musulmana, costumes, pratos típicos, o abecedario árabe e o colofón final, a cerimonia do té cunhas riquísimas pastas feitas por elas.Moitísimas grazas.



Visita do pai de Sasha 

O seu país de orixe é Ucrania,Xa leva moitos anos afincado en Cangas e explicounos moitas cousas sobre o seu país.Teñen outro idioma e un alfabeto diferente.Hai moitos bosques e os traxes típicos son preciosos.Contounos que cando era pequeno ía esquiando ao Colexio e fíxolle a tódolos nenos un agasallo: o seu nome en ucraniano





O triunfo dos animais

  Está claro que na nosa clase o tema favorito é a vida dos animais.Xa o noso nome de pegasos vai nesa dirección.Cada día aprendemos mais e mais da súa vida.
Esta vez tocoulles aos feroces tigres,leóns e aos rápidos guepardos.
Iria informounos de que poden correr a 110Km/h , así que por moito que entrenemos...
mellor non ter que competir con eles.










Mateo e o mundo das esponxas

       Non lle faltou de nada: disfraz de Bob Esponxa,imáxenes de esponxas de verdade e explicacións moi interesantes.Aprendimos, que hai seres vivos como as esponxas de mar que poden ser macho e femia á vez e que se chaman hermafroditas.Uf !!! que palabriña.







Rubén e uns amigos moi especiais

Estes días, estiveron na nosa clase Chispín e Colitas.Aquí están acompañando a Rubén na súa lectura sobre os osos.Colitas pedíulle a pel para durmir quente no inverno na Biblio.  









A aurora boreal

Pintando coma Pollock
Que divertido!!!




TEO E RAPHAELLO
Un auténtico ninja e unha tranquila tartaruga con nome de artista do Renacemento
.Aprendemos mais e mais sobre os animais.








Seguimos aprendendo 

A Adrián encántanlle os animais pequeniños e contounos moitas características, ata hai algúns que usan as cores verde e vermello coma os semáforos.Que cousas pasan na Natureza!









Día  marabilloso en Baiona

Visitamos o Museo da Navegación, a carabela La Pinta,
 percorremos a muralla do Parador e subimos ata a Virxe da Rocha.
Gustounos moito todo pero pasámolo moi ben nos parques.






VISITAMOS A EXPOSICIÓN DO DÍA DO LIBRO

Non foi ao aire libre pero esta actividade do Airelibro
 estivo moi interesante e divertida





Indiana Marcos Jones

Así,desta guisa presentouse Marcos para contarnos como é a vida dos elefantes na sabana africana.
Ao mellor xa viña preparado para marchar de safari.















GUAU GUAU!

Tranquilos, que o can de Antía estaba moi ben educado e non saiu da súa casiña mentres ela nos explicaba  como é a vida dun cachorriño.










XA DESCUBRIMOS COMO FIXO INÉS PORTELA PARA ADIVIÑAR TÓDOLOS ACERTIXOS MATEMÁTICOS.TEN UN LIBRO DE FEITIZOS E UNHA VARIÑA MÁXICA.

TODOS QUEDAMOS ENCANTADOS







 Campionas de acertixos matemáticos

Durante varios días estiveron devanándose os sesos e deron coa solución estas inxeniosas chicas.Noraboa!!!




Ratalinda de Compostela
  
 Inés Bernárdez contounos este conto de Bernardino Graña e todos rimos moito coa ratiña.Menos mal que tivo un final feliz porque nun primeiro momento deixouse engatusar polo fachendoso gato.







Un gazapo na clase!!!

Aquí vemos a Laura contándonos como é a vida dos gazapos.A verdade é que informounos de moitas curiosidades sobre estes simpáticos animais.Compartíu escenario coa súa propia mascota e todos quedamos encantados cando a sacou de paseo...









Continuamos cos contacontos.
Esta vez Uxía contounos "El rey de papel" e ao final o papel falou.
Moi ben polo conto e moi orixinal o final.








...Espectacular...

O mires por onde o mires, Antía fixo con varios globos unha pelota saltarina e efectivamente saltou(lémbrate de encher o primeiro globo con auga).











- - Interesantísimo - -

Andrea explicounos como converter un barquiño de papel nunha camiseta:
Corta a popa,corta a proa, corta a punta da vela e...xa está!!!










De película!!!

Uxía demostrounos que pode tirar un ovo ao chan e non lle rompe. O truco está en metelo nun tarro, durante dous días sumerxido en vinagre.



Alex recitounos unhas poesías moi ben, moi ben.
Parabéns!!!






VISITAMOS NATURNOVA E O MUSEO

  Últimamente imos moito de excursión. Aquí estamos na rúa do Príncipe en Vigo ao lado da escultura de Manuel Castro que era un vendedor de xornais que sostiña un Faro co dedo índice ata que o vendía.





VISITA Á CIDADE DE PONTEVEDRA E A EXPOSICIÓN DE XOGUETES ANTIGOS












P A D R I Ñ O S  E  M A D R I Ñ A S
 A F I LL A D O S E A F I LL A D A S 

UN PARENTESCO CREADO 
PARA PASALO BEN LENDO















Que tal amigos? Feliz Ano!!! 
 Imos continuar co noso blog no 2015.

Aquí podedes ver as fotos da visita á Praza e a Lonxa de Cangas, que fixemos antes de marchar de vacacións.
Na Praza foron moi amables e axudáronnos a contestar as preguntas e na Lonxa alucinamos cando nos meteron na cámara frigorífica. O remate foi xenial, fixeron coma se fose unha subasta de verdade.Unha experiencia inolvidable!!!








 Xa chega o Nadal
imos cantar todos
esta panxoliña brasileira


https://www.youtube.com/watch?v=18QawoPIQ1o







Comezamos o novo curso cunha boa nova: a nosa compañeira Celtia gañou o concurso de Relatos de Medo e así desta terrorífica maneira ...¡Aghgggggh!







ESTAMOS CELEBRANDO O IV CENTENARIO DA MORTE DUN DOS MAIS GRANDES PINTORES DE TÓDOLOS TEMPOS.
- EL GRECO -


 

El Greco cuento para Primaria

video de Luthien Majere

 

 EL CABALLERO DE LA MANO EN EL PECHO

 Javier Caboblanco Brasero

Ningún comentario:

Publicar un comentario